Lecturas personalizadas

En Proyecto Altar traballamos coa memoria simbólica que habita en ti: os teus ritmos internos, as túas imaxes arquetípicas, os teus sinais. As lecturas e rituais personalizados non son predicións, senón procesos de revelación. Ofrecémosche ferramentas para comprenderte desde unha linguaxe máis profunda —máis antiga e máis próxima ao real—.

Cada ritual constrúese de maneira individual, a partir do que precisas neste momento da túa vida. Traballamos coa Lúa, cos animais guía, co tarot, coa intuición, coa palabra e co coidado estético.

Modalidades

Carta Lunar Persoal: Interpretación da Lúa no momento do teu nacemento como núcleo da túa sensibilidade, memoria emocional e sabedoría interna.

Inclúe correspondencias simbólicas, paisaxes interiores, ritmos enerxéticos e claves para o teu equilibrio cotián.

  • Entrega dixital (PDF + nota de interpretación persoal).
  • Opción pack físico: carta ilustrada + dossier encadernado

Animais Espirituais

A través da túa lúa natal, da túa historia e dunha lectura ritual, identificamos os animais gardiáns que te acompañan.

Cada animal entrégase coa súa ensinanza, coidado, ritmos e formas de invocación.

  • Dispoñible en formato dixital ou en pack físico con ilustracións e texto ritual.

Lecturas cíclicas

  • Lectura Anual
  • Lectura Mensual
  • Lectura Semanal

Estas lecturas poden soster procesos de cambio, creación, dó, identidade ou apertura espiritual.

Lecturas con elementos naturais

Como, por exemplo, a lectura do ovo, unha ferramenta interpretativa da tradición latinoamericana.

Prezos de cada modalidade:

Pack dixital: 35 euros
Pack físico: 45 euros

Queremos contar a túa historia