A túa historia
O máis importante para nós é coñecervos. Queremos escoitar quen sodes, que vos emociona, cales son os vosos recordos máis felices e as persoas que vos acompañan na vida.
Todo isto axúdanos a deseñar o voso altar e eses recunchos “máxicos” que transforman a celebración nun reflexo da vosa esencia, dunha maneira única.
É unha viaxe chea de tenrura e delicadeza cara á vosa historia, aos vosos recordos e á vosa maneira de ser.
Ao final, entregarémosvos un informe especial, un recordo escrito e coidado que vos devolva a mirada: unha forma de mostrarvos o valiosos e únicos que sodes.












