O teu altar
O ALTAR é o corazón da celebración, o lugar onde se fai visible o que sodes e o que celebrades.
Nós creamos ese lugar de forma personalizada, ademais doutros pequenos recunchos cheos de significado, deseñados para plasmar a vosa historia e a vosa esencia.
Cada proxecto é unha escenografía única: obxectos con memoria, elementos naturais, detalles simbólicos e composicións coidadas que falan de vós.
Non buscamos só beleza, senón un espazo vivo que represente quen sodes e converta o momento en recordo.
Tamén procuramos sorprendervos —a vós e aos vosos convidados— con creacións inesperadas que atrapen a atención pola súa beleza e emoción.












